¡Ola a todos e todas!
Hoxe é o Día das Letras Galegas, e pra celebralo, déixovos un escrito que fixen hai uns meses coma participación nun concurso de micro-relatos organizado pola Real Academia Gallega e la asociación Puntogal.
¡Espero que vos guste, e pra os galegos e galegas, que desfrutedes orgullosos do día de hoxe!
Noite escura, como todas
as demais. Noite en silencio, excepto polo miúdo son dun coche en movemento.
Noite de morte, desa que non da volta atrás. Vágoas caen ao chan, mais non son os ollos quen choran. Son
as mans, queimadas, polo lume da súa pel. Son os beizos, desertos sen o seu mar
salgado. Son tamén os pulmóns, carentes de vento de
verán que os faga mover. Son as pernas, sen dirección á que camiñar. É o corazón, que sabe que nunca máis vai latexar.
Gata de Biblioteca.
Orgullo Galego<3 feliz dia!
ResponderEliminarGracias por comentar, y feliz día ❤
Eliminar