miércoles, 31 de enero de 2018

POST EN GALEGO | Lingua de namorar 💌

¡Ola a todos e todas!

Lingua de namorar 2018
Fonte: http://xuventude.xunta.es


Este post de hoxe é moi especial en forma, aínda que sinxelo en contido. Símplemente veño a deixar por aquí as mensaxes que escribín pra un concurso que organizou a miña comunidade autónoma pra dinamizar o uso do galego entre os mozos/as galegos/as. Consiste en que cada participante podía publicar duas mensaxes de extensión máxima 350 caracteres e de temática amorosa.

Polo tanto, aquí déixovos a miña aportación ao concurso, podedes ver neste enlace o resto das mensaxes participantes do concurso, ¡Espero que vos guste!




Tipos de querer
Din que hai dous tipos de amor: un que arrasa o teu corazón, e outro que lambe as túas feridas.
Din tamén que hai dous tipos de querer: un que queima, e outro que cura.
Mais nunca explican qué facer cando alguén che queima, pero ninguén che cura.



 Praia dos recordos
Fillos do mar que somos, e non atopamos a maneira de non facer naufragar este barco de sentimientos nunha praia de recordos.



Ós que nos gusta o mundo literario sabemos que é común que os autores adiquen a súa obra, a súa creación, a unha persoa en concreto ou a un grupo de persoas (familia, amizades, fillos, etc.). Neste caso, esta pequeña mostra do meu interior, sobran as palabras pra saber a quen vai adicada. 






Gata de Biblioteca.


*En caso de reproducción ou citación noutro medio, agradecería que se fixera alusión a este blog como autor. Grazas.
*En caso de reproducir o citar estos textos en otro medio, agradecería que se hiciera alusión a mi blog como autor. Gracias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡Hola a todes! Muchas gracias por comentar. Valoro mucho vuestras opiniones y espero que hayáis disfrutado del post.

📣📣 En caso de que vengáis de la Iniciativa Seamos Seguidores, a vuestra derecha encontraréis un post específico, os agradecería que comentaseis ahí.

RESEÑAS POR CATEGORÍA